PAZO DE CIMADEVILA

Civil
990

Localización

Parroquia: Cabanelas (San Xoán)

Lugar: Cabanelas

32516  O Carballiño - Ourense

Coordenadas:
42º 23' 59.0" N - 8º 07' 50.9" W

Descrición

Edificio de pequenas dimensións, planta rectangular e torre situada no extremo. Esta torre cadrada ten ocos lonxitudinais en planta baixa, transversais na segunda e asimétricos na planta alta. Posúe un patio exterior entre a torre e o edificio. A fachada principal presenta unha solaina apoiada sobre "canzorros" lisos e piares poligonais.
Arriba
Axúdanos a mellorar!