Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PAZO DA GOLPELLEIRA&body=Recoméndoche que leas a información PAZO DA GOLPELLEIRA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/19656/pazo-de-golpelleira?langId=gl_ES
Con probable orixe nunha fortaleza medieval, A Golpelleira converteuse en pazo no século XVI para sufrir unha notable transformación a finais do século XIX adoptando a súa peculiar forma actual, que denota a suma de edificacións de distintas épocas. Dominando desde sempre un vasto territorio, non en balde figuraba como “quinta” en distintos planos antigos, hoxe A Golpelleira é unha suntuosa residencia que serve de escenario para os máis variados eventos.
Do pazo da Golpelleira destaca especialmente a capela, dedicada á mexicana virxe de Guadalupe. Desde La Guerra de la Independencia o templo garda en depósito unha imaxe de San Miguel que pertence ao contiguo lugar de Trabanca e que cada ano, o 29 de setembro, coincidindo coa festividade do santo, os veciños sacan en procesión.
Igualmente, da Golpelleira sobresaen os seus xardíns. De traza francesa, o espazo compleméntase con notables exemplares de árbores autóctonas e tropicais, que compiten con soberbios exemplares de camelia, e zonas con encanto como o quiosco, o estanque, o cruceiro ou o invernadoiro de estilo inglés.
O hórreo sitúase como o trixésimo segundo máis grande do mundo, mide 21,6 metros de largo e 1,55 de ancho.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.