VIACRUCIS EXTERIOR DO SANTUARIO NOSA SEÑORA DOS MILAGRES

Etnográfico
805
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Vide (San Xoán)

Lugar: Os Milagres do Medo

32701  Baños de Molgas - Ourense

Coordenadas:
42º 13' 57.0" N - 7º 37' 51.9" W

Descrición

O Viacrucis Exterior do Santuario, está constituido por sete capelas equidistantes, que arrodean o recinto. Teñen a estrutura, moi parecidas entre si, aínda que presentan diferenzas na súa fachada e na decoración.Todas constan dunha porta, hoxe tapiada, con reixa de ferro e unha pequena fenda para depositar as esmolas. No interior hai dous cadros en relevo policromado nas que se representan escenas da paixón de Cristo. Todas elas están coroadas por diversos pináculos con tellados a catro augas. É o primeiro viacrucis galego que atopamos con función de esmoleiro.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!