IGREXA PARROQUIAL DE SANTIAGO DE LOROÑO

Relixioso
181

Localización

Parroquia: Loroño (Santiago)

Lugar: Loroño

15856  Zas - A Coruña

Coordenadas:
43º 05' 24.0" N - 8º 56' 03.9" W

Descrición

Construída no s. XVIII. Ten unha nave de planta de cruz latina, muros de cadeirado e cachotaría recebados, cuberta a dous e tres augas e tellado de tella. A fachada, de cantería granítica, ten unha porta alintelada, unha fornela coa imaxe do Patrón e unha ventá. Sancristía pegada á ábsida. Espadana dun corpo composta de tres machóns e dous arcos de medio punto. Ten retablos do s. XVIII con imaxes no interior.

Acceso

Dende a capital municipal, toma a estrada cara a Castro. Aquí xírase á dereita cara a Loroño. A igrexa está xunto á estrada.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.
Última actualización: 12/12/2018
Arriba