IGREXA DE SANTA MARÍA DE BARDAOS

Relixioso
848

Localización

Parroquia: Bardaos (Santa María)

Lugar: Randulfe 10

15562  San Sadurniño - A Coruña

Coordenadas:
43º 33' 52.0" N - 8º 02' 04.9" W

Descrición

Igrexa de estilo barroco, de tipoloxía rural. Planta rectangular, con única nave e presbiterio. No interior, sinxeleza e sobriedade. No exterior, muros revestidos e branquexados exceptuando os esquinais, con cantería de xeometría irregular. Volumetría sinxela. Cuberta de lousa a dúas augas. Fachada principal con exigua ornamentación, porta rectangular e pequeno oco para iluminación. Sobre a cornixa apóiase unha base rectangular con campanario. Espadana con tres ocos, arcos de medio punto que albergan as campás e pináculos con bólas como remate.

Acceso

Dende a capital municipal, tomar a C-642, no km 15 seguir estrada á esquerda, despois de pasar a canteira, desviarse no primeiro camiño sen asfaltar á esquerda, nas inmediacións atopa a igrexa.
Arriba
Axúdanos a mellorar!