EDIFICIO DO HOSPITAL DE SAN ANTONIO

Civil
No Camiño de Santiago
112

Localización

Rúa: Cantón de San Roque 1

15300  Betanzos - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 46.0" N - 8º 12' 39.9" W

Descrición

Edificio situado no casco histórico da vila de Betanzos, construído no século XVII. Presenta unha planta cadrada cun pequeno claustro interior. Foi fundado por Antonio Sánchez de Taibo, co obxectivo de albergar os habitantes de Betanzos e os peregrinos do Camiño Inglés a Santiago de Compostela. As numerosas reformas sufridas polo edificio fan que só conserve da fábrica orixinal un sinxelo claustro, así como o arco e as escaleiras de acceso á planta alta. Na actualidade alberga os xulgados de Betanzos.

Acceso

No núcleo urbano.
Accesibilidade: Inmediacións:autobús. Recurso: coche, peonil.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 06/10/2017
Arriba