EDIFICIO DO LAVADEIRO PÚBLICO

Civil
No Camiño de Santiago
71

Localización

Rúa: Cascas

15300  Betanzos - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 29.9" N - 8º 12' 47.0" W

Descrición

Edificio de estilo ecléctico construído no século XX (1902), realizado por encarga dos irmáns García Naveiras, emigrantes que doaron numerosos edificios á vila. Atópase na beira esquerda do río Mendo, ao cruzar a ponte de Ás Cascas. Presenta unha planta rectangular e dúas alturas. A construción componse de tres fachadas, e áchase decorada con motivos xeométricos carcterísticos do estilo modernista. Destaca da fachada principal a división en sete tramos mediante pilastras. Os vans da planta baixa teñen reixas|rellas de ferro con formas naturais. A decoración vexetal concéntrase no friso que percorre horizontalmente o edificio. Dada a función do edificio destaca a combinación dos elementos naturais, auga e aire, cos arquitectónicos.

Acceso

No núcleo urbano.
Accesibilidade: Inmediacións:autobús. Recurso: coche, peonil.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 06/10/2017
Arriba