IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE MARZÁN

Relixioso
755
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Marzán (Santa María)

Lugar: Irixe

27215  Monterroso - Lugo

Coordenadas:
42º 52' 39.0" N - 7º 44' 40.9" W

Descrición

Edificio barroco de planta rectangular e ábsida da mesma forma, coa sancristía tamén rectangular apegada ao muro esquerdo, á que se accede por unha porta alintelada sobre a que hai unha inscrición que di ESTA OBRA SE HIZO B. D. DON FRANCISCO CASTRO ANO 1854. É evidente que esta non é a data de edificación senón dalgunha reforma; como a da porta principal, que orixinariamente era en arco, tal e como aínda se pode apreciar dende o interior. Arquitectura arquitrabada, cuberta de lousa a dúas augas. Os muros que a conforman son de cachotería e cantería de lousa e granito. A nave e a ábsida están comunicadas por un arco triunfal de medio punto en aresta. Na ábsida consérvase unha típica lacena románica. O frontis é sinxelo, rematado cunha pequena espadana dun só van. Conserva no seu interior o retablo da capela maior que foi realizado a finais do século XIX.
Esta igrexa estivo abandonada dende a década dos 60 ata a década dos 90, cando se restaurou por iniciativa dalgúns veciños.

Acceso

Saíndo de Monterroso, en dirección a Lugo, no cruzamento coa 640 cóllese esta estrada e de novo continuar en dirección Lugo. A 15 km dende Monterroso seguimos unha pista á esquerda en dirección a Valdeporrás (está indicada). A uns tres quilómetros, en Marzán, coller a pista á esquerda e a cincocentos metros está a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Arriba
Axúdanos a mellorar!