IGREXA DE SANTIAGO DE OIS

Relixioso
154

Localización

Parroquia: Santiago de Ois (Santiago)

Lugar: O Combarro

15316  Coirós - A Coruña

Coordenadas:
43º 14' 51.0" N - 8º 07' 21.9" W

Descrición

Igrexa de estilo románico de finais do século XII e principios do XIII. Na súa planta rectangular desenvólvese unha soa nave, da que sobresae unha ábsida rectangular. O espazo entre a nave e a ábsida resólvese mediante un arco triunfal de medio punto sobre semicolumnas pegadas. O exterior concentra a escasa decoración na fachada principal, que mostra unha portada cun lintel e unha pequena seteira. Como elementos ornamentais, destacan dous interesantes cruzamentos de pedra calada.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.

Acceso

Dende Coirós, tomar a estrada N-VI en dirección Madrid ata o inmediato desvío por unha estrada local a Santiago de Oís, onde se acha a igrexa.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 06/04/2017
Arriba