IGREXA DE SAN MIGUEL DE PEXEGUEIRO

Relixioso
No Camiño de Santiago
233

Localización

Parroquia: Pexegueiro (San Miguel)

36711  Tui - Pontevedra

Coordenadas:
42º 02' 29.9" N - 8º 41' 52.9" W

Descrición

Igrexa que pertencía ao antigo mosteiro de Persecario, cuxos restos aínda son visibles no edificio próximo da reitoral, con partes medievais conservadas. A igrexa mostra as influencias do románico da catedral de Tui. Conserva a portada principal e dúas laterais moi interesantes pola repetición de mochetas de bóvidos que sosteñen o tímpano ou a decoración de bólas ou billetes.

O tímpano da portada occidental conta cunha representación do bestiario habitual nas escenas do xuízo final e a apocalipse. A capela maior sería modificada polo bispo Juan Manuel Rodríguez Castañón en 1765. No interior son moi interesantes o retablo do Cristo, de orixinal tipoloxía barroca, e o do Carme, óleo sobre táboa.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 09/06/2017
Arriba