mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 107 SENDEIRO DE PEDRA MIRANDA&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 107 SENDEIRO DE PEDRA MIRANDA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/277248483/pr-g107-sendeiro-de-pedra-miranda?langId=gl_ES
Soutomaior | Vilaboa
Ao comezo desta ruta atopamos unha lagoa que se formou na antiga canteira da Lapa. Ascendemos bordeando esta antiga explotación e, tras pasar por un depósito de auga, seguindo un camiño rodeado de grandes piñeiros, chégase ao Alto da Lapa.
Continuamos a subir, deixando atrás a ermida de San Amaro en Cacheiro, ata alcanzar o punto máis alto do percorrido, facilmente identificable pola formación rochosa en forma de cova que caracteriza a coñecida como Pedra Miranda.
O final do camiño regálanos un miradoiro natural onde se poden contemplar as enseadas de San Simón e de Rande.
Concello de Vilaboa
Tel.: 986 708 215 - 986 708 252
info@vilaboa.org
www.vilaboa.org
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.