FEIRA FRANCA MEDIEVAL DE BETANZOS

Festas de interese turístico
2997
No Camiño de Santiago
Datas de celebración: 07/07 - 09/07

Localización

15300  Betanzos - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 50.9" N - 8º 12' 40.2" W

Descrición

Celébrase desde 1998 en recordo da feira que tiña lugar nesta cidade durante o mes de novembro nos séculos XIV e XV.
As rúas e os balcóns dos edificios do Centro Histórico de Betanzos son engalanados con teas e estandartes que representan os escudos das familias betanceiras do baixo medievo.

Os actos centrais desta Feira Franca teñen que ver coa interpretación de escenas que marcaron de xeito importante o desenvolvemento e a cultura de Betanzos:

•    Chegada do Señor de Andrade á cidade, que fai referencia á concesión  no ano 1465, por parte do rei Enrique IV de Trastámara a Betanzos, do título oficial de CIDADE e á concesión no ano 1467 do privilexio de poder realizar unha Feira Franca cada ano no mes de novembro.

•    Incendio da cidade no ano 1569.
•    Outras representacións históricas:. a Batalla das Figueiras e a Revolta Irmandiña

•    Na terceira xornada prodúcese quizais a escena máis laboriosa de todas que recrea a peste a as doenzas que asolaron a cidade no ano 1381, e que conclúe cunha representación da expulsión dos leprosos da cidade.

•    Na tarde do domingo e na Praza dos Irmáns García Naveira ten lugar un torneo medieval a cabalo con representación dun xuízo de Deus e unha xusta, todo isto precedido dunha exhibición de tiro con arco e unha exhibición de cetraría.
Todo está complementado con gran cantidade de música e teatro de rúa. Malabares, representacións nas distintas prazas do Centro Histórico, xogos de lume, xograres, bufóns, etc. Ademais de case 150 postos dedicados á venda de distintos produtos.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico
Arriba