mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CAMPING BARRAÑA&body=Recoméndoche que leas a información CAMPING BARRAÑA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/3033/barrana?langId=gl_ES
Situado en plena natureza, este cámping tranquilo e familiar convídache a gozar duns días de lecer en Boiro, corazón da Ría de Arousa, famosa polas súas tranquilas augas e delicioso marisco.
A tan só 50 metros camiñando está a praia de Barraña que conta cun paseo marítimo con excelentes vistas para que maiores e nenos gocen das súas saídas a pé ou en bicicleta.
A 5 minutos a pe podes chegar ao centro urbano onde poderás realizar múltiples e variadas actividades adaptadas ás túas necesidades: compras, gastronomía, lecer.
O cámping conta con diferentes bungalows de 1 a 3 habitacións ideais para parellas, familias, grupo de amigos ou clubs deportivos. Ademais, dunha zona de acampada con árbores con moita sombra. Goza dos manxares galegos e da comida máis tradicional no noso restaurante A Taberna do Cámping.