GR 94 RURAL DE GALICIA

Sendeirismo
No Camiño de Santiago
941

Localización

Pontevedra

A Estrada | Campo Lameiro | Cotobade | Cuntis | Ponte Caldelas | Redondela | Soutomaior | Vigo

A Coruña

Santiago de Compostela | Teo

Coordenadas:
42º 15' 11.3" N - 8º 40' 56.6" W
42º 52' 49.3" N - 8º 32' 42.4" W

Descrición



Interese paisaxístico
O sendeiro GR 94, situado no sudoeste galaico, é unha vía que comunica o mar e a montaña en dirección Sur-Norte. A ruta en Vigo achégase a dous promontorios coñecidos polas súas vistas panorámicas: A Madroa sobre a Ría de Vigo e o Castro de Negros sobre o val do río Maceiras, Reondela e a enseada de S. Simón. O primeiro fito no camiño constitúeo o Castelo de Soutomaior, fortaleza medieval nun harmónico contorno. Deixando atrás a igrexa de Rial e a ponte de Comboa sobre o río Verduxo e tras un pequeno desvío, o camiño sorpréndenos coa ponte de Almofrei e o seu extraordinario emprazamento. Aquí, o río baixa formando profundas pozas nunha zona de rochas e grandes desniveis.

A arquitectura rural fai acto de presenza nos hórreos de Rascaderia, na antiga feira de Cuspedriños e no complexo igrexa-reitoral de Cequeril. As milenarias e simbólicas carballeiras achegan a súa beleza á senda en San Xusto. Os petróglifos son testemuño dun pasado afastado que o camiñante deberá localizar en Paredes. Esta ruta tamén podería coñecerse como Sendeiro das Pontes polos numerosos ríos que atravesa.

Acceso

A Madroa é un dos famosos miradoiros de Vigo. En Santiago de Compostela iníciase no barrio de Conxo.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata

Material

Materiais: Se se pensa facelo dun "tirón", aconséllase levar abundante material de abrigo e comida suficiente.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Máis información

Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia www.trevinca.es Rúa Brasil, 46. 36204 Vigo Tel.: 986 420 551 / Fax: 986 420 557 e-mail: info@trevinca.es

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

Cartografía: Nº 94-IV Santiago de Compostela, 120-II Extramundi de Abaixo, 120-IV Padrón, 152-II Caldas de Reis,

Acceso en bicicleta

Apto parcialmente

Acceso a cabalo

Apto parcialmente

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Barrio de Conxo (Santiago de Compostela) - UTM:29T X:536340 Y: 4748570
Punto de partida: A Madroa, Teis (Vigo) Teis - UTM:29T X:526310 Y:4678150

Links

Percorrido

Recorrido: Vigo, Soutomaior, Campo Lameiro, Cequeril, Luou y Santiago de Compostela.

Un plus

Os petróglifos consisten en gravados rupestres ao aire libre realizados durante a idade de bronce. Estas orixinais manifestacións da plástica primitiva en Galicia teñen maior presenza na provincia de Pontevedra. Entre os motivos xeométricos máis repetidos encóntranse cazoletas, combinacións circulares, labirintos, espirais, etc. Tamén aparecen diferentes tipos de armas, así como figuras antropomorfas e zoomorfas (cervos, cabalos e serpes).

Servizos

Descrición servizos: En Vigo, Redondela, Soutomaior,Vilarchán, Xesteira, Sacos, Cimadevila, Cequiril, Sebil, Cuntis, Portela, Vea, Luou y Solláns.

Perfil altitudinal

Altura mínima sobre o nivel do mar: 8 m.
Altura máxima sobre o nivel do mar: 521 m.
Desnivel acumulado baixando: 3691 m.
Desnivel acumulado subindo: 3851 m.

Dificultade

Alta

Lonxitude

Lonxitude (Km.): 126.0

Duración

Duración (horas): 36

Tipo de percorrido

Gran percorrido
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Plano

Última actualización: 05/06/2017
Arriba