Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA PARROQUIAL DE CORREXAIS&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA PARROQUIAL DE CORREXAIS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/4429/igrexa-monacal-de-correxais?langId=gl_ES
Igrexa de planta de cruz latina con diversos corpos pegados, de maior antigüidade que o convento dos trinitarios descalzos (fundado en 1723), co que forma un bonito conxunto. Moito máis antiga que o convento, está construída en pedra da zona, con cruceiro elevado e cuberta a dúas augas rematada en lousa sobre estrutura de madeira. A torre, especialmente curiosa, é cuadrangular, con oito arcos e un remate en forma piramidal; na súa base destaca unha bóveda de cruzaría, executada en cachotería.
Outro dos atractivos desta igrexa é o retablo maior, cun conxunto de pinturas que representan o Nadal, as catro virtudes e catro santos. Sitúase nunha contorna rural, no lugar de Correxais, considerado un núcleo singular onde se poden observar as características típicas dos asentamentos tradicionais da zona: edificacións en medianeira, camiños de ancho reducido, construcións executadas en cachotería de xisto e adobe, cuberta a dúas augas con remate de lousa sobre armazón de madeira e corredor como elemento permanente ligado ás vivendas.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.