IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE TOMIÑO

Relixioso
1623

Localización

Parroquia: Tomiño (Santa María)

Lugar: O Seixo

36740  Tomiño - Pontevedra

Coordenadas:
41º 59' 12.0" N - 8º 45' 02.0" W

Descrición

Igrexa parroquial de estilo románico que foi igrexa dun mosteiro benedictino feminino. É unha verdadeira xoia deste estilo arquitectónico malia as grandes reformas que sufriu en 1809. Consta dunha soa nave e ábsida rectangular. A fachada occidental está flanqueada por unha torre que data da devandita reforma. A portada principal ábrese baixo catro arquivoltas sostidas por catro pares de columnas. A decoración empregada consiste en: a exterior con rosetas rematada por unha volta de tacos, a segunda vexetal, a terceira de talos con follas e a cuarta de dúas medias canas con bólas. A fachada norte presenta unha ampla variedade de canecillos historiados, ao igual que a fachada sur repetindo unha serie de temas: cabeza de animal, cuadrúpedes, cápridos, follas en espiral, cabeza de monstro, cabeza humana. Na ábsida tamén se dispoñen unha boa mostra de canecillos baixo a súa cornixa. Xa no interior do templo se conservan na súa nave doce ménsulas, seis a cada lado, que servían de apoio ás primitivas cerchas de madeira. O arco triunfal é semicircular, lixeiramente de ferradura no seu arranque. O capitel norte representa un personaxe con toga que xace prisioneiro doutros dous. Dous monos agárranse ao collarino. O capitel sur é de follas rizadas. A ábsida cóbrese cunha bóveda de canón de cachotaría a partir dos riles e perpiaños no seu arranque.

Acceso

Núcleo capital municipal.
Accesibilidade: En coche ou peonil.
Arriba
Axúdanos a mellorar!