Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: ERMIDA DA VIRXE DO MONTE&body=Recoméndoche que leas a información ERMIDA DA VIRXE DO MONTE extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/4929/capela-da-virxe-do-monte?langId=gl_ES
Esta Ermida atópase ás aforas da vila, nun promontorio de alto valor paisaxístico dende o que se divisa a punta da Barca (Muxía). É de estilo barroco (XVIII) e presenta unha planta dividida en dous tramos con coro, e conta cun anexo (nártice) lateral no muro sur. A fachada sinxela e simétrica, sen decoración e cunha sinxela espadana cun só oco formado por un arco de medio punto.
A romería ten lugar o Luns de Pascua, levase en procesión a imaxe dende Camariñas ata a ermida, onde se dan tres voltas arredor do templo. Segundo a tradición, préndese unha vela diante da imaxe cando a persoa está ausente, para que esta Virxe, que segundo a lenda apareceu no mar, se lembre do ofrecido. Testemuño destes rituais son os exvotos de barcos que aparecen no recinto.
O lenzo da imaxe da Virxe é de 1759 e do autor Antonio Sarmiento. Este lenzo hoxe forma parte da colección do Museo de América (Madrid).
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.