SAN PEDRO DE ROCAS

Relixioso
7372

Localización

Parroquia: Rocas (San Pedro)

Lugar: San Pedro de Rocas

32720  Esgos - Ourense

Teléfono: +34 988 372 020

Coordenadas:
42º 20' 31.0" N - 7º 42' 47.9" W

Descrición

Neste mosteiro, único por estar escavado na roca natural, non atoparemos lixeiras estruturas góticas nin harmoniosas proporciones renacentistas. Trátase dun recinto antiquísimo, rústico, case primitivo, testemuña dos primeiros asentamentos eremitas nestas terras. O valor de San Pedro de Roca é antropolóxico máis que estético.
A presenza dos primeiros ocupantes deste lugar remóntase ao ano 573. Segundo as inscricións da lápida fundacional, conservada no Museo Arqueolóxico Provincial, os seus fundadores foron sete varóns que escolleron este fermoso enclave para retirarse a unha vida de oración. Posteriormente, xa no século IX, o cabaleiro Gemodus redescubre o lugar nunha xornada de caza e se establece nel, sendo elixido abade polos seus compañeiros. Lenda ou realidade, o caso é que existe constancia da existencia de Gemodus, tal como figura no privilexio que Alfonso V concede a Rocas en 1007. Nos séculos posteriores, este mosteiro, nunca demasiado rico nin moi habitado, pasou a depender do de Santo Estevo de Ribas de Sil e do de San Salvador de Celanova. En 1923, foi declarado Monumento Histórico-Artístico.
A igrexa do mosteiro, do século VI, é un dos templos cristiáns máis antigos que se coñecen. As súas tres naves están escavadas na roca. O teito da nave central presenta unha abertura pola que entra luz desde o exterior. Unha pilastra fai as veces de altar. Na parede da capela da esquerda, un reducido espazo de 5 x 3,40 m, ábrese un oco no que supón que estaba o sepulcro do cabaleiro Gemodus. Nel descubriuse unha pintura mural ao fresco, datada entre 1175 e 1200, que mostra imaxes dos apóstolos e un mapamundi.
Tamén podemos ver uns sepulcros esculpidos nos que se representan figuras xacentes. No chan da igrexa e o atrio están escavados na roca numerosos sepulcros. O recinto da igrexa foi ampliado cunha nova nave de posterior construción. O campanario, obra de Gonzalo de Penalva no século XV, está situado na parte superior dunha enorme formación rochosa de case 20 m de altura que da nome a este lugar.
Un arco permite o acceso a un pequeno espazo, empregado ata fai pouco como camposanto parroquial. É de forma cuadrangular e está cercado por un muro. Desde este punto sae un camiño que baixa pola pendente da montaña e chega ata a Fonte de San Bieito, tamén escavada na roca.

Teléfono de Contacto: 988372020 (Oficina de Turismo de Ourense)
Prezo: Consultar antes de realizar a visita
Horario: Fins de semana de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h. ata o mes de Xullo, que probablemente abrirá toda a semana.

Acceso

Dende Ourense pola OU-536 cara á Pobra de Trives. Desvío sinalado antes de Esgos, en Tarreirigo. Seguir as indicacións a San Pedro de Rocas. Acceso final por pista asfaltada e sinuosa con forte pendente no seu tramo final.

Accesibilidade

Acceso peonil, en autobús e en coche.

Estilos

Románico

Orden Relixiosa

Hoxe sen orde relixiosa
Benedictinos
Localizar este recurso no mapa
Última actualización: 23/03/2017
Arriba