Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA PARROQUIAL DE SAN CRISTOBO DE VILOIDE&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA PARROQUIAL DE SAN CRISTOBO DE VILOIDE extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/5432/igrexa-parroquial-de-san-cristobo-de-viloide?langId=gl_ES
Parroquia: Viloíde (San Cristovo)
Lugar: Viloíde
27560 Monterroso - Lugo
Igrexa románica do século XII, aínda que o frontis, a ábsida e un dos laterais non pertencen á fábrica orixinal. A ábsida ergueuse en altura ata igualala coa nave. Os muros son de cachotería e cantería de granito, e a cuberta é de tella a dúas augas. Agás nun dos laterais, entre os muros e o tellado dispóñense varios canzorros.
Ten ventá seteira con abucinado interior no testeiro e sobre a porta principal alintelada disponse un tímpano liso. Dentro da edificación consérvase un banco de pedra corrido apegado aos muros y un arco triunfal con dobre arquivolta apoiado sobre columnas de fustes monolíticos, bases áticas e capiteis de ornamentación vexetal sinxela. O frontis remata nunha espadana dun só van.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.