IGREXA PARROQUIAL DE SANTO ESTEVO DE SOESTO

Relixioso
1337

Localización

Parroquia: Soesto (Santo Estevo)

Lugar: Soesto de Abaixo

15117  Laxe - A Coruña

Coordenadas:
43º 12' 03.9" N - 9º 00' 57.9" W

Descrición

A orientación de San Estevo de Soesto é a tradicional con cabeceira cara o leste e fachada cara o oeste. A súa base arquitectónica é románica  de finais do S. XII e primeiros do S.XIII. A planta é de salón formada por un presbiterio ou capela maior de forma rectangular e unha nave mais estreita co presbiterio. Este presbiterio esta cuberto por unha bóveda de canón e por medio dun arco triunfal, volteado sobre pilastras, accédese á nave. No primeiro tramo do muro norte abriuse unha capela lateral moi estreita: a da Virxe do Rosario.
A capela maior refíxose entre 1709 e 1722. Polo que respecta á nave é posible que conserve as súas paredes orixinais, de fins do século XVI. A fachada probablemente formase parte da obra xeral de reconstrución do templo no  último tercio do século XVI. 
A fachada de cantería presenta o clásico esquema pentagonal. No eixo vertical imaxinario que pasa polo seu centro superpóñense, á porta principal que está rematada nun arco de medio punto de grandes doelas, unha fiestra rectangular e unha cruz no vértice superior do pentágono. 
No muro sur da nave está o campanario levantado no ano 1857.

Acceso

Situados en Laxe, tomar a estrada AC-433 Laxe-Ponte do Porto. Desviarse á dereita no lugar de Soesto e, novamente á dereita dirección á praia de Soesto. Avanzar uns metros desde este último cruce. Á esquerda atópase a Igrexa Parroquial.  

Estilos

Románico
Arriba