IGREXA PARROQUIAL DE SANTO ESTEVO DE CARTELOS

Relixioso
785

Localización

Parroquia: Cartelos (Santo Estevo)

Lugar: Cartelos

27527  Carballedo - Lugo

Coordenadas:
42º 33' 54.0" N - 7º 51' 02.0" W

Descrición

Edificio do século XVIII, con reformas posteriores. Nave de planta rectangular con cuberta a dúas augas. Fachada con arco escarzano na porta e óculo na parte alta do frontis. Pináculos en forma de pirámide nos aleiros laterais. Espadana de dous vans. O retablo maior é Neogótico, e os laterais do século XVIII.

Acceso

Partindo de Castro, tomar dirección A Barrela, que está a 2,4 km. Alí tomar a LU-901 dirección Cea e a 400 metros tomar a LU-P 10-02. A 6 km. tomar unha pista de terra á esquerda (á altura dun palco de música) e a 50 metros atópase o recurso.
Arriba