PAZO DE DIOÑO

Civil
215

Localización

Parroquia: Cornado (Santiso)

Lugar: Dioño

15822  Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 51' 33.9" N - 8º 15' 29.9" W

Descrición

Edificación do século XVIII de planta rectangular, amosa o seu escudo sobre o portalón de entrada. Na fachada de acceso, presenta unha galería axustada na fachada, na zona de faiado, que aínda que lle dá carácter, é un claro engadido relativamente recente. Dispón de construccións complementarias como adega, hórreo, fornos e cortes.. Rodeado de bosques, prados e viñedos.
Utilizado como residencia permanente.

Acceso

En automóbil son 4,8 km., algo menos de dez minutos desde a Casa do Concello. Seguir cara ao norte pola AC-240, pasando polos lugares de O Barral, A Santaia, O Outeiro e A Eirexe. Aquí virar á dereita e en pouco máis de 1.5 km. volver virar, esta vez á esquerda, e a 200 m. estamos no Pazo de Dioño.
A pé son 4,8 km., unha hora seguindo o mesmo percorrido.

Accesibilidade

Peonil e/ou en coche.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 06/10/2017
Arriba