Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: GRAN PREMIO DE CARRILANAS DE ESTEIRO&body=Recoméndoche que leas a información GRAN PREMIO DE CARRILANAS DE ESTEIRO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/fi-co-000007/gran-premio-de-carrilanas-de-esteiro?langId=gl_ES
O Gran Prix de Carrilanas de Esteiro fusiona a tradición coa velocidade, a cultura co ocio, a artesanía co espectáculo. Trátase da auténtica Fórmula 1 Galega.
A carrilana pasou de ser o xoguete tradicional da posguerra a converterse nun bólido de madeira único no mundo, para nenos e maiores pero sempre de madeira. A tradición dos artesáns esteiráns, levou ao pobo de Esteiro desde o ano 1988 a coidar con mimo e ilusión estas obras de arte sen motor, que percorren os 3 km do circuíto Ramiro García “Gerente” na costa do Maio para o desfrute das 30.000 persoas que cada terceiro domingo de xullo visitan Esteiro.
Unha alternativa de ocio singular, enmarcada nunha contorna marítima de tranquilas praias (con zonas de acampada gratuítas) e zonas verdes perfectamente integradas nos espazos do evento.
Exposicións, música, gastronomía, espazos infantís, zonas de acampada...ademais de outras actividades que configuran unha programación para todos os públicos como o Festival das Carrilanas e o Proxecto Sentir a Carrilana para nenas e nenos con discapacidade visual. Un evento sen ánimo de lucro e de acceso gratuíto á toda a súa programación, que só pretende amosar e compartir co mundo a os valores da carrilana como motor cultural, social e económico da vila de Esteiro.
Destacado:
Á parte desta competición única no mundo de bólidos de madeira pódese visitar o Museo das Carrilanas.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.