FESTA DO POLBO

Festas de interese turístico
Datas de celebración: 08/07 - 08/07
129
Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico

Localización

Mugardos - A Coruña

Coordenadas:
43º 27' 51.9" N - 8º 15' 23.0" W

Descrición

A pesca do polbo foi no século XVIII unha das actividades máis destacadas do porto de Mugardos, daquela tamén entre os primeiros de Galicia. O polbo é o seu produto máis típico e aquí prepárase ao tradicional estilo mugardés, característico pola súa salsa feita con cebola, pemento verde e pemento vermello.
Dentro do programa das Festas do Carme, Mugardos réndelle tributo ao polbo e celebra unha festa gastronómica no paseo marítimo. Máis de douscentos voluntarios de distintas asociacións culturais da vila serven todos os anos arredor de 1.200 quilos do cefalópodo en 3.000 racións, nun ambiente festivo dominado pola música das charangas.

Destacado:

Os pratos e cuncas de viño de olaría tradicional, coa inscrición da festa, nos que se serven as racións de polbo.


Outras características

Gastronómica
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 09/06/2017
Arriba