Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: FEIRA DE SANTOS&body=Recoméndoche que leas a información FEIRA DE SANTOS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/fi-lu-000023/feira-dos-santos?langId=gl_ES
Monterroso - Lugo
Considerada a Feira das Feiras en Galicia, a súa orixe remóntase á Idade Media, vinculada a un imposto sobre o sal cobrado na contorna da vila. Tradición e autenticidade son dúas calidades que se poden aplicar á feira que por Santos se celebra en Monterroso, na comarca da Ulloa, no centro xeográfico de Galicia e cruzamento de camiños de arrieiros que comunicaban a costa galega con Castela.
Polo menos, este mercado agrícola e gandeiro funciona desde 1450, data da que se teñen probas documentais, aínda que as últimas investigacións apuntan a que a feira pode ter unha antigüidade de 800 anos.
Alén da feira cabalar, Monterroso é o gran mercado dos produtos de tempada: queixos, castañas, mel, produtos cárnicos e doces, ademais de medio centenar de postos de polbo distribuídos por toda a superficie feiral.
O espazo acolle, ademais, actuacións musicais e degustacións gastronómicas locais.
Monterroso é, en definitiva, unha visita obrigada para calquera persoa interesada na cultura e tradicións de Galicia.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.