Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: SEMANA SANTA DE CANGAS&body=Recoméndoche que leas a información SEMANA SANTA DE CANGAS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/fi-po-000017/semana-santa-de-cangas?langId=gl_ES
A máis solemne manifestación de relixiosidade en torno á Paixón de Cristo que ten lugar na provincia de Pontevedra son as procesións de Semana Santa de Cangas, que contan con pasos de gran valor histórico-artístico e imaxes articuladas, como a do Nazareno da procesión do Santo Encontro ou o Cristo da cerimonia do Descendemento, que lles dan aos actos un emotivo realismo.
As celebracións relixiosas comezan xa o Venres de Paixón, coa festividade de Santísima Virxe das Dores (festa local). Moi vistosa é a procesión do Xoves Santo, co Paso da Mesa, que representa a última cea, con produtos naturais, o da Oración no Horto das Oliveiras e o da Flaxelación, un fermoso conxunto artístico ao que segue baixo palio, pechando a procesión, a Virxe das Dores.
O Venres Santo sae pola mañá a procesión da Negación de San Pedro, notable pola afluencia de xente nova, que leva a imaxe de San Pedro ao redor dos Xardíns de J. Félix Soage Villarino, e participa ao final dunha gran chocolatada. A mediodía, o centro da localidade énchese de xente que acode á procesión do Santo Encontro. A medida que se vai relatando a pasaxe histórica da subida ao monte Calvario, van aparecendo as imaxes dos protagonistas dela: San Xoán, A Verónica, María Magdalena, María Cleofás, María Salomé e a Virxe das Dores. O Nazareno, acompañado do Cirineo e de soldados romanos, cae tres veces grazas a un sistema de articulación.
Música de gaitas e redobres de tambores acompañan o paso lento dos costaleiros, dos penitentes e dos confrades, estes cos seus tradicionais estandartes, túnicas e caparuchos, en procesións nas que non faltan os centurións romanos, perfectamente ataviados. As procesións (ata catro teñen lugar o Venres Santo) destilan solemnidade e recollemento e son contempladas con contida emoción por numeroso público amontoado nas beirarrúast.
Para non perderse:
Procesión do Santo Encontro, co paso das Caídas do Nazareno, coa figura de Xesús articulada
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.