IGREXA DE SANTIAGO DE ALLARIZ

Relixioso
1981
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Allariz (Santiago)

Lugar: Allariz

32660  Allariz - Ourense

Coordenadas:
42º 11' 24.0" N - 7º 48' 06.9" W

Descrición

Igrexa de estilo románico levantada entre o século XII e o XIII.

Planta de nave única con presbiterio de tramo recto e ábsida semicircular. Do século XII conserva a nave e a portada norte, que recorda as tradicións prerrománicas como se pode observar nos modillóns cilíndricos da arquivoltas; cada un destes rolos presenta unha decoración a base de rosetas e recordos castreños. No exterior destaca a cabeceira da igrexa, cunha ábsida semicircular, cun paramento dividido en varios panos por columnas e capiteis vexetais e historiados.

No interior a nave presenta un teitume de madeira, arco triunfal, e o tramo do presbiterio cóbrese con bóveda de canón e a ábsida con bóveda de cuarto de esfera. Conserva un frontal de altar románico decorado cunha arcada de medio punto con claras influencias do Mestre Mateo. Da capela cabe destacar a Virxe da Esperanza, renacentista, con elegante decoración xeométrica e cuberta con bóveda estrelada.

Foi declarada Monumento Histórico -Artístico en 1931.

Camiños de Santiago

Vía da Prata

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba