AS ORFAS

Relixioso
2216
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa das Orfas 5

15703  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 39.9" N - 8º 32' 35.9" W
+34 981 585 850
+34 981 561 402

Descrición

Pertence á orde das Fillas da Caridade. Colexio fundado polo arcebispo Juan de San Clemente para recoller novas orfas. Construído por Melchor de Velasco (1664), realizan reformas, na igrexa, Fray Gabriel de Casas (1698) e, no colexio, Fernando de Casas e Novoa (1715). Realizada en cantería de granito, é de planta de cruz latina cunha soa nave. A cuberta de bóveda de canón con arcos faixóns sostida por pilastras de orde toscano. Fachada con dúas xigantescas pilastras toscanas que alcanzan ata a cornixa e aleiro. A porta rodéase cunha grosa moldura que nos seus ángulos superiores debuxa unhas orelleiras, sobre ela unha ventá cegada que repite a decoración. O cornixamento e o frontón rompen para albergar o escudo de do arcebispo San Clemente. A portada do colexio divídese de dous corpos, a porta do inferior flanquéase con dúas pilastras que sosteñen o cornixamento. O corpo superior con fornela encadrada por dúas pilastras con capitel corintio que sosteñen un frontón curvo. Aos lados, decoración de sartas de froitas. A torre-campanario dun só corpo serve de liña divisoria entre o colexio e a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata

Estilos

Barroco

Orden Relixiosa

S. Vicente de Paúl
Arriba
Axúdanos a mellorar!