Trens turísticos de Galicia

Esquécete do coche e goza Galicia.

Descubre Galicia nos nosos trens turísticos. Ofertas que che brindarán unha oportunidade diferente de coñecer este senlleiro territorio.

Turismo de Galicia proponche unha engaiolante viaxe nos nosos trens turísticos. En cada unha das rutas poderás descubrir distintos recunchos do país, como achegarte ao punto máis setentrional da Península Ibérica e os cantís dos máis altos da Europa continental, deixarte sorprender pola paisaxe de socalcos da viticultura heroica ou pasear por xardíns de pazos con camelias en flor. Gozarás da nosa gastronomía nas visitas a adegas e queixerías e mesmo plantacións de té. Viaxarás ao pasado achegándote a castros, vilas medievais, mosteiros e castelos.

 
Calendario, prezos, reservas e compra de billetes

Prezos, reservas e descontos para adultos, grupos e nenos e calendario de saídas.

Leva contigo o pdf dos Trens Turísticos.

Descarga toda a información dos trens turististicos 2023 en formato pdf

Arriba
Axúdanos a mellorar!