IGREXA CONVENTUAL SANTA CLARA

Relixioso
1168
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: Campo da Feira

32660  Allariz - Ourense

Coordenadas:
42º 11' 20.0" N - 7º 47' 53.9" W

Descrición

É a maior obra barroca de Allariz.

Foi concibida con deseño austero en planta e alzado. O encargo da obra fíxose a Simón Rodríguez, mestre que construíra en anos anteriores varios templos en Santiago e na Coruña.O artista falece en 1752 sen ver o comezo da obra posto que os traballos se atrasaron ata 1757, cando un incencio destruíu o edificio do século XIV, tendo este que ser totalmente demolido para ser levantado seguindo principios construtivos e artísticos do barroco compostelano.

A portada concentra o maior despregamento ornamental do edificio, executada por canteros locais. Presenta unha decoración xeométrica, sendo unha simplificación da portada do Convento de Santa Clara da cidade de Santiago de Compostela. Artisticamente, a porta está rodeada dun marco reafundido, creándose así un claroscuro moi característico das obras barrocas. No lintel destaca unha vieira. sobre a entrada sitúase unha fornela remarcada por volutas que alberga a imaxe de Santa Clara. A un nivel superior e seguindo unha orde xeométrica sitúase unha ventá e a imaxe do Padre Eterno, rodeado de volutas, nubes e coroado co triángulo simbólico da Trinidade.

No seu interior presenta unha planta de cruz latina, con nave de dous tramos, cruceiro e presbiterio rectangular. O espazo articúlase racionalmente, exaltando o eixe lonxitudinal do templo cara ao altar. Presenta un interior moi dinámico e plástico, característico do Barroco, destacando o orixinal arco trilobulado do coro alto, con clara influencia de Domingo de Andrade.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba