• VALDEORRAS
    do 3 ao 5 de maio
  • RÍAS BAIXAS
    do 10 ao 12 de maio
  • RIBEIRO
    do 17 ao 19 de maio
  • RIBEIRA SACRA
    do 24 ao 26 de maio
  • MONTERREI
    do 31 de maio ao 2 de xuño

A través da marca Enoturismo en Galicia, da que forman parte o Clúster Turismo de Galicia e as cinco Asociacións das Rutas dos Viños das Denominacións de Orixe galegas (Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Valdeorras), enmárcase unha estratexia xeral de promoción que pretende incentivar o desenvolvemento do enoturismo na nosa comunidade autónoma. E é precisamente baixo este paraugas que Turismo de Galicia, en colaboración con estas cinco entidades impulsoras das Rutas dos Viños galegas, organiza, un ano máis, outra edición do Enoturismo en Galicia, Primavera de portas abertas.

En que consiste?

Trátase dun programa completo de actividades de enoturismo desenvolvido, de maneira conxunta e simultánea, nos cinco grandes territorios vitivinícolas galegos.
Durante cinco fins de semana entre os meses de maio e xuño poderás facer visitas guiadas e gratuítas ás adegas participantes nesta promoción. Todas terán as súas portas abertas para ti durante a fin de semana da campaña*. Ao finalizar a visita ofreceranche como agasallo unha degustación dos mellores viños de Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra ou Valdeorras.
Tamén atoparás restaurantes onde poderás escoller menús concibidos especialmente para esta ocasión, harmonizados con viños da Denominación de Orixe na que te atopes.
En cada Ruta poderás encontrar, ademais, un plan especial de actividades para a fin de semana: autobuses do viño, catas comentadas, visitas a museos, rutas monumentais, paseos en barca, descontos en aloxamentos e outras accións relacionadas co mundo do viño.

*Realizaranse tres visitas guiadas o sábado e unha o domingo co seguinte horario de atención ao público:

Sábado: 11:00 h, 12:30 h e 17:00 h

Domingo: 12:00 h

No Facebook de Turismo de Galicia realizaremos tres concursos por cada Ruta do Viño nos que sortearemos en total 15 premios consistentes nunha noite de aloxamento para dúas persoas en cuarto dobre nun dos establecementos asociados participantes máis o xantar do día seguinte nun restaurante socio da Ruta.

Segue as nosas redes sociais e participa!
teléfono

Recoméndase confirmar as visitas ás adegas previamente por teléfono

valdeorras

Programa especial de Actividades na Ruta do Viño de Valdeorras

Do 3 ao 5 de maio

rías baixas

Programa especial de Actividades na Ruta do Viño Rías Baixas

Do 10 ao 12 de maio

ribeiro

Programa especial de Actividades na Ruta do Viño do Ribeiro

Do 17 ao 19 de maio

ribeira sacra

Programa especial de Actividades na Ruta do Viño Ribeira Sacra

Do 24 ao 26 de maio

monterrei

Programa especial de Actividades na Ruta do Viño Monterrei

Do 31 de maio ao 2 de xuño

O enoturismo de Galicia
no teu móbil

android
android
Arriba
Axúdanos a mellorar!