CAPELA DOS DORES

Relixioso
No Camiño de Santiago
226

Localización

Parroquia: Ferrol

Rúa: Méndez Núñez s/n

15402  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 28' 57.9" N - 8º 14' 13.9" W

Descrición

Construída pola congregación que leva o mesmo nome, na segunda metade do século XVIII. De reducidas dimensións, posúe hoxe un maior plan compositivo, severidade e mellores proporcións. Planta de cruz latina dunha soa nave cos brazos da cruz escasamente proxectados. Cúpula montada sobre pechinas. Como elemento de unión entre nave e espazo exterior, un pequeno tramo alude á situación do coro alto e define á súa vez a fachada. O interior foi desposuído do seu amueblamiento dieciochesco. Fachada organizada en tres longas rúas por medio de pseudopilastras das que sobresae unha débil cornixa. Frontón circular. Porta ennobrecida cun frontón triangular e un pequeno óculo. As torres actuais, dun só corpo de base cadrada con vans semicirculares en cada unha das súas caras, son obra posterior.

Acceso

Núcleo urbano.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 11/01/2018
Arriba