MUSEO ETNOGRÁFICO "CASA DO PATRÓN"

Museos e coleccións
1300
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Doade (San Pedro)

Lugar: Codesedo 1

36519  Lalín - Pontevedra

Coordenadas:
42º 36' 29.9" N - 8º 07' 57.1" W

Descrición

Museo de etnografía con máis de 4.500 pezas en 2.000 m² de exposición, distribuídas en 15 salas de exposición en tres edificacións, capela e réplica de casa castrexa.
Conta ademais con sala de actividades, auditorio, biblioteca, dous fornos tradicionais e dous muíños fariñeiros. Realízanse obradoiros de actividades sobre todo para colexios, como a fabricación de pan e queixo, rutas de sendeirismo, reciclaxe, cestaría, tecido, cerámica tradicional, recreacións castrexas…
Trátase do grande Ecomuseo do Mundo Rural Galego, localizado nunha aldea totalmente restaurada, rodeada da marabillosa paisaxe do interior de Galicia, presentando unhas impresionantes vistas panorámicas que podemos divisar percorrendo as rutas de sendeirismo do castro de Doade (PR-G210), homologada, e a Ruta da Prehistoria de Doade, que une o castro, as mámoas e os petróglifos que rodean o Museo.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata

Máis información

https://museos.xunta.gal/gl/casa-patron

Tipos de servizos

Aparcamento
Restaurante
Tenda
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Data de recollida inicial: 31/03/2012
Arriba
Axúdanos a mellorar!