SAN ROQUE

Áreas de recreo e miradoiros
1487

Localización

Parroquia: Viveiro (Santa María e Santiago)

27850  Viveiro - Lugo

Coordenadas:
43º 39' 48.5" N - 7º 34' 40.9" W

Descrición

Dominando a ría de Viveiro, na súa vertente leste, localízase esta magnífica área de recreo, que tamén destaca como miradoiro, contando cunha altitude de 353 metros e unha superficie de 2 hectáreas. Dentro deste espazo situase a capela de San Roque (fundada no s. XVI e restaurada en 1963), un hórreo, e un cruceiro. Conta con varias mesas e grellas para celebrar comidas campestres e que satisfacen a demanda dos seus frecuentes visitantes. O 16 de agosto ten lugar a tradicional romaría de subida á capela do santo. Nas súas inmediacións sitúase un amplo aparcadoiro, un campo de tiro, un parque infantil, dúas grellas e unha reserva de animais en cautividade, especialmente gamos e ovellas de Camerún.
Arriba
Axúdanos a mellorar!