MONTE SAN NOMEDIO

Áreas de recreo e miradoiros
1750

Localización

Parroquia: Taboexa (Santa María)

Lugar: Sandomedio

As Neves - Pontevedra

Coordenadas:
42º 08' 05.1" N - 8º 24' 47.3" W

Descrición

O monte e a ermida de San Nomedio localízanse a 694 metros de altitude nun outeiro de forte desnivel, pertencente aos montes da Paradanta, pequeno sistema de media montaña no sur da provincia de Pontevedra.

O desnivel xera vistas espléndidas sobre os vales dos ríos Termes e Xuliana, así como do Miño ao lonxe, contemplando grande parte das terras do concello das Neves e alcanzando tamén o norte do territorio portugués.

A ermida é de fábrica sinxela, cunha soa nave e de modesta edificación. A súa festividade celébrase en agosto cunha romaría e relaciónase coa protección ás colleitas.

Diferentes lendas o identifican co mítico monte Medulio, lugar da derrota final dos galaicos fronte ao poder romano, na que se dí que os guerreiros, antes de ser sometidos quitáronse a vida ao berro de “Denantes mortos que escravos”.
Arriba
Axúdanos a mellorar!