SERRA DO CAREÓN

Espazos naturais
No Camiño de Santiago
717
Natureza Espazos naturais ZEC - Rede natura 2000

Localización

Pontevedra

Agolada

Lugo

Friol | Palas de Rei

A Coruña

Melide | Santiso | Toques

Coordenadas:
42º 55' 09.4" N - 7º 57' 39.3" W

Descrición

Os montes do Careón forman o último treito do esixente Camiño Primiti;vo antes de xuntarse no centro de Melide co Camiño Francés de Santiago. Trátase dunha serra de moderada altitude (798 m, máximo) e características especiais no subsolo que a converten nunha área de grande interese xeolóxico a nivel peninsular.
Son abundantes os regatos de montañas que se xuntan no río Furelos, afluente final do Ulla. Existen numerosas rutas de sendeirismo que percorren o espazo, e mesmo as estradas locais que cruzan os altos son de interese paisaxístico.
Un dos puntos máis destacados é a ermida de San Antolín de Toques rodeada pola fraga, ou o itinerario ata o lugar das Fervenzas (Toques) cunha caída das augas duns 40 metros ao carón dun antigo muíño.

Acceso

O acceso pola estrada N-547, desde Santiago ou desde Lugo; e a AC-840 desde A Coruña, por Betanzos.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Primitivo

Situación

Concellos de Melide, Santiso e Toques na Coruña; Friol e Palas de Rei en Lugo; Agolada en Pontevedra.

Superficie

6.567,87 ha.

Información e equipamentos

Aula de la Naturaleza de Toques
Teléfono: +34 981 506 421
Última actualización: 04/05/2015
Arriba