MONTE E LAGOA DE LOURO

Espazos naturais
2958

Localización

A Coruña

Carnota | Muros

Coordenadas:
42º 44' 45.5" N - 9º 04' 56.5" W

Descrición

Mar gran reserva
Monte Louro (241 m) agroma solitario na punta norte da entrada á ría de Muros e Noia. Toda a paisaxe que se estende aos seus pés está dotada dunha gran forza interior. Por mar, Reserva Mariña de Interese Pesqueiro promovida pola Confraría de Lira (Carnota). Por terra, Punto de Interese Xeolóxico de importancia nacional. Na superficie é un treito aberto ao mar dotado de elementos afortunados: lagoa, praias, coídos, faros e horizonte.
A lagoa das Xarfas está pechada ao mar polas dunas da praia de Area Maior, máis coñecida como Praia de Louro. A zona húmida rodéase dun pequeno bosquete inundable pois nas épocas máis chuviosas o regato que a alimenta énchea ata os dous metros de profundidade.
Xunto a lagoa ábrese a branca praia ao pé do monte. En conxunto é unha perfecta postal paradisíaca. Séguenlle outros areais finos de augas batidas e frías como o de Ancoradoiro/Lariño, cun piñeiral adxacente e faro. Pero tamén toda unha sucesión de rochedos entre os que quizais o máis famoso sexa o Simprón.
Entre as iniciativas pioneiras en Galicia cóntase a do turismo mariñeiro para a revalorización da pesca artesanal e a creación dunha reserva mariña.

Acceso

A estrada AC-550 Noia-Cee limita o espazo protexido.

Situación

Concellos de Carnota e Muros (A Coruña).

Superficie

1.160,88 ha das cales 491 ha de augasmariñas.

Servizos

Aloxamento: Si.
Comer: Si.

Información e equipamentos

Turismo marinero Mar de Lira
Teléfono: +34 981 761 252
Teléfono 2: +34 636 294 796}

Outras características

Avistamento de paxaros
Natureza Espazos naturais ZEC - Rede natura 2000
Arriba
Axúdanos a mellorar!