CRUCEIRO DE FONDO DA VILA

Etnográfico
1008
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Padrón (Santiago)

Lugar: Padrón

Rúa: Campo do Souto s/n

15900  Padrón - A Coruña

Descrición

Realizado en granito; ten a cruz cuadrangular coa figura de Cristo crucificado, con tres cravos, inclinando a cabeza cara á dereita, as mans pechadas, coroa de espiñas, nimbo crucífero e pano de pureza anoado, así como a figura da Piedade; capitel octogonal con astrágalo da mesma forma e decorado, ábaco de lados rectos e volutas; fuste octogonal coas imaxes de Santiago Peregrino e San Juan, tibias en X e adornos nos chafráns; base cuadrangular con símbolos da Paixón; a plataforma é cuadrangular de dous graos.

Acceso

No mesmo núcleo de Padrón.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba