Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CRUCEIRO DA FONTE SANTA&body=Recoméndoche que leas a información CRUCEIRO DA FONTE SANTA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/17108/cruceiro-de-as-neves?langId=gl_ES
Este cruceiro, anteriormente coñecido como Cruceiro Xordo, foi trasladado á Fonte Santa. É de tipo de Crucifixo con plataforma cuadrangular dun chanzo e pedestal cuadrangular con símbolos da Paixón: tibias, abellas e caveiras.
O varal que empeza cadrado ata o primeiro terzo, segue circular diminuíndo a súa sección ata chegar ao capitel cilíndrico con astrágalo circular e liso, rematando en cadrado con follas de “camelia”. A súa cruz octogonal con brazos con mediacana e remates de forma resarcelada. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O pano de pureza fica anoado á esquerda. Polo reverso da cruz está a Inmaculada coroada e co Neno Xesús no colo, coa lúa aos seus pés sobre unha peaña dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito; o conxunto está levemente erosionado.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.