Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CRUCEIRO DE SALGUEIROS&body=Recoméndoche que leas a información CRUCEIRO DE SALGUEIROS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/17112/cruceiro-de-o-cruceiro?langId=gl_ES
Parroquia: Salgueiros (San Mamede)
Lugar: Salgueiros
15152 Dumbría - A Coruña
Cruceiro de tipo de Crucifixo con plataforma cuadrangular de cinco chanzos e pedestal cúbico rematado con bocel. Ten unha mesa acaroada á plataforma.
O varal é cadrado con chafráns con adornos nos chafráns e recadro na parte cuadrangular do pedestal. O capitel é cilíndrico con astrágalo circular e liso e ábaco de lados rectos. Ten ademais volutas, follas de camelia e cabezas de anxo con ás. A súa cruz é circular e amosa polo seu anverso a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. A esta imaxe de Cristo fáltalle un brazo por rotura. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans xuntas e sobre unha peaña dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.