FONTE DE SAN RAMÓN

Etnográfico
870
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Sillobre (Santa Mariña)

Lugar: O Souto

Rúa: Mestre Lois Rodríguez Calvo

15509  Fene - A Coruña

Coordenadas:
43º 28' 40.9" N - 8º 08' 47.9" W

Descrición

A fonte de San Ramón do século XVI-XVII, está situada no adro da Igrexa de Santa Mariña de Sillobre. Posúe dous canos por onde sae a auga, enriba de cada un deles hai unha inscrición: "San Ramón Milagroso e "Santa Mariña Auga Sa". A fronte da fonte é de perpiaños de granito que nas esquinas están remarcadas por unhas pilastras pouco resaltadas, rematando nun frontón curvo. No centro da fonte hai unha fornela para a imaxe do santo. Debaixo da fornela a vai unha cruz inscrita nun cadrado.

Acceso

Dende Fene, por a N-VIN en dirección a Coruña. No primeiro cruzamento xirar á esquerda a Sillobre e Lavandeira. A menos de 2 km, tomar cara á esquerda e, despois dunha curva pronunciada, áchase a igrexa onde está a fonte.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba