IGREXA DE SANTA MARÍA

Relixioso
604
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Sabuguido (Santa María)

Lugar: Sabuguido

32557  Vilariño de Conso - Ourense

Coordenadas:
42º 08' 44.1" N - 7º 11' 55.5" W

Descrición

Edificación cunha nave de forma rectangular con capelas aos lados que se cobren como a nave principal con bóveda de medio punto, levando na fachada  unha espadana de dous arcos. No lado sur ábrese a porta que funciona como principal para dar ao adro, que ten data de 1611, inscrición que se pode contemplar con outra do lado oposto, xa no interior pon data do día de San Roque de 1652, a porta é de arco rebaixado con dúas molduras e pilastras enmarcándoa. No interior atopámonos con columnas de orde Corintia e Salomónico en retablos do século XVII-XVIII, así como un retablo do barroco do século XVII. Os muros son de sillería e ante a fachada, alpendre apeado en pilastras con pequenos capiteis.

Acceso

Edificación situada na entrada do pobo hacia arriba ao lado dun souto, á que se accede dende a estrada principal de entrada ao pobo de Sabuguido.

Camiños de Santiago

Vía da Prata

Estilos

Románico
Neoclásico
Arriba