IGREXA DE SAN XOÁN DE ABRUCIÑOS

Relixioso
582
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Abruciños (San Xoán)

Lugar: Abruciños 19

32170  Amoeiro - Ourense

Coordenadas:
42º 24' 11.2" N - 7º 56' 32.7" W

Descrición

Temos constancia da existencia dunha igrexa primitiva no S. XII, se ben documentalmente acreditamos a construción da Capela dos Boán no S. XVII. A igrexa sufriu reformas posteriores no S. XIX. Esta importante obra foi levada a cabo por expreso desexo do Licenciado Juan Fernández de Boan, membro do Consello Real e Supremo das Indias, señor do Pazo de San Damián e fillo do seu anterior propietario D. Fernando de Boán, cuxa vontade era a de fundar unha capela funeraria na que descansar cos restos de seu pai e a súa esposa Dna. Damiana de Landecho. Este templo cambiou a súa orientación, xa que a capela dos Boán pasou a converterse no presbiterio da mesma, de tal forma que a portada de acceso orixinal queda agora no muro setentrional. Todo o conxunto inspirábase, tal como deixara escrito no seu testamento o legatario, na capela da veciña igrexa de Santiago de Parada do S. XVI, se ben con moi pouca fidelidade. Pódese dicir que é de estilo renacentista, se ben un pouco serodio. A fachada da nave orixinal sufriu importantes reformas.

Acceso

Desde o Concello, tómase á esquerda a estrada que leva a Tamallancos ata o cruce que leva directamente a Abruciños, a uns 20 m. da casa Consistorial. Unha vez no cruce cóllese a man dereita, que nos levará directamente á aldea de Abruciños. Estacionaremos o vehículo á carón dun fermoso cruceiro á man esquerda. A uns 20 m. podemos ver a igrexa.

Camiños de Santiago

Vía da Prata

Estilos

Románico
Arriba