CASA DE SAMUEL EIJÁN

Civil
513

Localización

Parroquia: San Clodio (Santa María)

Lugar: San Clodio

32428  Leiro - Ourense

Coordenadas:
42º 22' 01.4" N - 8º 07' 02.7" W

Descrición

Edificio de planta irregular dos séculos XVIII-XIX, con muros portantes de perpiaños de granito, dúas alturas máis galería (baixo)cubertas con cubrición de tella plana. Na fachada principal destaca, no primeiro andar, a presenza dun balcón voado de cantería con varanda de forxa. A construción posterior da galería mudou o aspecto orixinal do edificio, nun intento de adoitar como propios elementos construtivos alleos.

Acceso

Saír do pobo de Leiro e coller a estrada OU-504 a man dereita e despois incorporarse á esquerda pola estrada OU-CV 408 ata chegar ao pobo de San Clodio.
Arriba