MUÍÑO DA FERVENZA

Etnográfico
1145
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Santa Mariña de Brañas (Santa Mariña)

Lugar: Arriba

15806  Toques - A Coruña

Coordenadas:
42º 59' 44.9" N - 7º 56' 51.9" W

Descrición

Muíño de canle, abastecida polo río Salgueiras; realizado en pedra con cuberta de tella, está formado por un edificio central de forma rectangular, con ventá alintelada e cuberta a catro augas. Ten unha nave lateral anexa con tellado en pendente e ventá alintelada por onde circula o rego do muíño. Ten outra pequena nave pegada na fronte, con tellado en pendente. Ao outro lado do camiño de entrada, un alpendre de pedra, con tellado a unha vertente, o fin da cal era albergar os animais de carga.

Acceso

Pola estrada DP–4604 pola Avenida Toques-Friol. Percorrer por esta estrada trece quilómetros ata o lugar de Brañas e desviarse á dereita por vía municipal e percorrer o tramo final cruzando o núcleo poboacional ata o remate do mesmo tramo un quilómetro, despois rematar o traxecto por una pista forestal ata chegar ao destino.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo
Arriba