CASA DO CONCELLO DE PANTÓN

Civil
1242
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ferreira de Pantón (Santa María)

Lugar: O Castro de Ferreira

27430  Pantón - Lugo

Coordenadas:
42º 30' 20.9" N - 7º 37' 23.9" W

Descrición

A construción orixinal data do s. XVII, pero fixéronse reformas posteriores. Vinculado á familia Gayoso. Ten planta en forma de L. Muros de cadeirado granítico e tellado de tella. Destacan o patio interior cunha ampla escalinata e un corredor con balaústres pétreos e varios balcóns, o da fachada norte rematado por un arco conopial. En 1928 engadiúselle a Torre do Reloxo. Hai unha pequena praza diante do pazo que hoxe alberga as oficinas municipais, o xulgado e a biblioteca municipal.

Acceso

Está no núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!