BATERÍA DE SAN CARLOS

Civil
1355
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Brión (Santa María)

Lugar: Brión

15593  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 27' 39.9" N - 8º 17' 51.9" W

Descrición

Batería de estilo neoclásico (1731-1739), de Juan de la Ferriere e Juan Vergel. Formaba parte dun proxecto de fortificación da entrada da ría de Ferrol, pois servía de apoio aos castelos de San Felipe, A Palma e San Martín. Ten dúas frontes, unha cara á ría e outra cara á enseada. A fortificación é de gran tamaño. O material empregado é cachotería. Exemplo de arquitectura militar, con magníficas vistas sobre a ría.

Acceso

Desde Ferrol, bordeando A Malata, coller cara á estrada da Graña, cara a San Felipe, onde hai un indicativo cara a Cariño.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Declaración

Ben de Interese Cultural
Patrimonio cultural Civil Castelo, torre, fortaleza
Arriba