CAPELA DE SAN PEDRO

Relixioso
697

Localización

Parroquia: Darbo (Santa María)

Lugar: San Pedro

Rúa San Pedro

36949  Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 16' 25.2" N - 8º 47' 10.7" W

Descrición

De estilo renacentista con trazos simples e conservada en bo estado. O seu estado actual é froito de varias reformas, que deixan ao descuberto a súa última restauración en 1993. A  ermida comparte advocación a San Pedro e San Isidro. A imaxe de San Pedro, duns 50 cm. de altura, foi doada no ano 1820 por unha das familias acomodadas da época. Este santo está representado cunhas chaves na man, símbolo das portas do ceo, e cun libro na outra como símbolo de penitencia.
Entre os séculos XIX e XX empezouse a venerar a San Isidro tamén. A este santo levábano en procesión nun carro de bois adornado con espigas por ser o defensor das colleitas agrícolas na Idade Media. A Pedro mariñeiro pídenlle, sobre todo, os mariñeiros, abundancia nas faenas pesqueiras así como na saúde. Os fieis acoden a celebrar a festividade de ambos os santos o 29 de xuño. Esta ermida conta ademais con diferentes imaxes como son a de Santa Rita, Santa Lucía e Santa Lourdes, sendo esta última a máis recente.

Acceso

Saír do núcleo urbano pola PO-515 dirección Bueu, seguir por esta estrada 2,4 km, logo desviarse a esquerda pola Rúa de San Pedro, despois de 100 m a capela situase á esquerda da rúa.

Estilos

Renacentista
Arriba