IGREXA PARROQUIAL DE SAN TIRSO DE MUÍÑO

Relixioso
905

Localización

Parroquia: Muíño (San Tirso)

Lugar: O Couto

15858  Zas - A Coruña

Coordenadas:
43º 02' 00.9" N - 8º 57' 02.9" W

Descrición

Construída no s. XVI, pero sofre importantes reformas no s. XIX. Ten nave de planta rectangular, muros de cachotaría e cadeirado encalado, cuberta a dúas augas e tellado de tella. A fachada, de cadeirado granítico, ten unha porta alintelada enmarcada por unha ventá rectangular abucinada. Sancristía pegada a un lateral da nave. Espadana de dous corpos, o primeiro presenta dous arcos de medio punto peraltados e o segundo ten un van e está decorado con volutas e unha cruz.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a estrada a Pudenza. En Castro xírase á esquerda e avánzase ata Pedra Padreiro. Aquí tómase o desvío que hai á dereita e que conduce á igrexa. 
Arriba
Axúdanos a mellorar!