IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE BAIO

Relixioso
1312

Localización

Parroquia: Baio (Santa María)

Lugar: Baio Pequeno

15851  Zas - A Coruña

Coordenadas:
43º 09' 22.0" N - 8º 58' 01.9" W

Descrición

Construída no s. XVIII. Ten unha nave de planta rectangular, muros de cachotaría e cuberta a dúas e tres augas con tellado de tella. A fachada, de cantería granítica, ten unha porta alintelada decorada con molduras, unha fornela, que alberga a imaxe da Virxe, un óculo, unha cornixa mixtilínea e unha cruz. Sancristía pegada ao presbiterio. Espadana dun corpo e con dous vans, ten dous arcos de medio punto apoiados en pilastras, un frontón triangular e está rematada por un pináculo.

Acceso

Dende a capital municipal, toma a estrada local que enlaza coa C- 552, A Coruña-Fisterra. Séguese esta en dirección a Fisterra. Ao chegar a Baio e antes da ponte xírase á dereita ata atopar a igrexa.
Arriba
Axúdanos a mellorar!